Pazo Casanova
DO Ribeiro
Cor amarela intensa, escintilacións verdosas, reberete aceirado, limpo e moi brillante. De boa bágoa.
Amósase intenso, con expresión de froita de óso fresca —néspera, melocotón de Calanda— e cítrica —mandarina, polpa de pomelo—, notas de flores brancas —pétalos de rosa branca, flor de laranxeira amarga, gardenia—, elegantes herbas aromáticas —tomiño, melisa e hortelá—, pastel de albaricoques e crumble de mazá, con matices balsámicos.
De entrada vigorosa, con volume e acidez refrescante, notas afroitadas —cirola branca, pavía, mandarina—, con recordos de herbas aromáticas —salvia, tomiño, limoeiro—, delicados balsámicos con notas de loureiro e galletas de manteiga. Elegantemente vibrante, intenso e con intensa mineralidade.
Maridaxe: carpaccios de peixe, marisco e carne, tártaro de atún e boi, mariscos á prancha e ao forno, peixe ao forno, cociña mediterránea, cociña nikkei, aves e carnes graxas.