Elixiches esta experiencia...
Augardente de herbas

PAZO SEÑORANS

Pazo de Señoráns, S.L.U.
IX Augardente de Herbas de Galicia

19,90€

Cor ambarino, brillante e atractivo.

Boa intensidade de manzanilla doce e amarga con matices de anís acompañados de sementes de coandro que o fai máis fresco e xovial.

Entrada suave cun leve ton doce e fondo amargo.

En Pazo de Señoráns traballan arduamente para que os seus viños e destilados sexan un fiel reflexo da terra que os viu nacer. O seu viñedo é na súa totalidade da variedade autóctona Albariño. Caracterízase pola utilización da parra como sistema condutivo e, así mesmo, por estar situado en localizacións diferentes, todas elas nun raio duns dez quilómetros e preto do mar. 

VIVIR UNHA EXPERIENCIA SEÑORANS

Pazo de Señorans

Se desexan realizar unha visita guiada á adega, os viñedos, a destilería e o Pazo cunha degustación dos nosos produtos será un pracer terlles connosco.

Durante a nosa visita guiada, búscase transmitir que a calidade é unha constante no noso traballo ademais dun lugar digno de visitar. A visita de aproximadamente 2 horas de duración, constará dunha benvida, historia da adega e explicación da nosa Denominación de Orixe, visita aos viñedos, explicación do proceso de destilación na destilería, o Pazo (construción típica galega do século XVI) e a adega.

Finalizariamos cunha degustación dos nosos produtos, exposición e venda en tenda.

Para máis información visita a nosa web:

http://www.pazodesenorans.com/es/enoturismo

 

Ponlles cara

Vicky Mareque

Atópanos

Enderezo

Vilanoviña, s/n · 36616
Meis · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 715 373

Correo Electrónico
info@pazodesenorans.com

Queres estar á última das experiencias calidade?