Elixiches esta experiencia...
QUEINAGA

QUEINAGA

QUEINAGA, S.A.T.
DOP Arzúa-Ulloa

Queixo elaborado con leite pasteurizado. Presenta unha forma lenticular ou cilíndrica cos cantos redondeados. A súa codia é fina e elástica, de cor amarela media-escura, brillante e lisa. No seu interior alberga unha pasta de cor uniforme, entre branca marfil e amarela pálida, de aspecto brillante e sen fendeduras. Presenta un aspecto pouco esponxado, con ollos pequenos, angulosos ou redondeados e de distribución irregular.

Queinaga é unha pequena queixería familiar nacida hai máis de 25 anos no interior de Galicia, concretamente nas fermosas terras da Campa, en Curtis. Dende esta queixería sempre sentiron a paixón e a determinación de crear e compartir bos produtos, unha tradición herdada dos seus devanceiros que pasou de xeración en xeración. En Queinaga controlan integramente o proceso de fabricación, que comeza polas vacas, ás que coidan e tratan con agarimo alimentándoas exclusivamente coas súas propias forraxes, pasa pola recolección e o tratamento do leite, e finaliza coa fabricación e maduración dos queixos nas súas propias instalacións.

Ponlles cara

Carmen. Queixería Queinaga

Atópanos

Enderezo

A Campa, s/n • Fisteus
15310 • Curtis
A Coruña

Coordenadas

Contacta

Teléfono

981 787 036

Correo Electrónico
queinaga@queinaga.es

Queres estar á última das experiencias calidade?