QUEINAGA Arzúa-Ulloa 800g
Queinaga, SAT
DOP Arzúa-Ulloa
DOP Queixo Tetilla. DOP Arzúa-Ulloa
A Campa, s/n Fisteus
15310 Curtis
A Coruña
981 787 036
https://www.queinaga.es
queinaga [at] queinaga.es (queinaga[at]queinaga[dot]es)
Son Carmen, da Queixería Queinaga. Estamos en Curtis, unha zona de produción de leite e con tradición queixeira. Sexa pola influencia do clima ou polo bo facer ou por ambas, Curtis sempre destacou por elaborar bo queixo. A orixe do Queixo Tetilla foi preto deste zona, en concreto, no lugar da Illana. Así se pon de manifesto coa celebración da famosa feira, arredor do ano 1894. Tempos atrás xa contabamos cunha explotación de leite de tamaño considerable, polo que aproveitando estas circunstancias, decidimos facer unha queixería que nos axudase a revalorizar a nosa produción. Dende os comezos dediqueime á elaboración e control de calidade case de xeito exclusivo.
Na miña casa sempre se fixo queixo, polo que esa tradición na elaboración está moi presente e ten certa similitude coa nosa actividade actual. Iniciciativas como a nosa que transforman a súa propia produción, creo que teñen moita importancia no medio rural. Poder completar o proceso preto da zona de obtención da materia prima, reduce os custos de produción, pero sobre todo repercute na calidade do produto final.
A miña experiencia con este proxecto é de moito traballo, esforzo e dedicación, pero que merece a pena descubrir, porque traballar con materia viva, significa aprender constantemente, e iso resulta moi gratificante.
A Queixería Queinaga fúndase en 1993 e comeza a súa andaina no ano 1995. Conta cunha área de recepción do leite e 5 silos de almacenamento para leite e soro. Neste lugar atópase o pasteurizador, a desnatadora e o circuíto de limpeza, así como a zona de arrefriamento do leite. A continuación está a sala de elaboración, que acolle 2 cubas de fabricación de 6000 e 2000 litros de leite respectivamente, prensas para queixos, desmoldeadora, túnel de lavado de moldes e túnel de aplicación de antimofo completan o noso equipamento. Por último, contamos con sala de etiquetaxe e expedición, cámaras de secado e almacéns de materias primas, embalaxes e produtos de limpeza das salas. Toda a instalación está deseñada para ofrecer a maior garantía sanitaria ao consumidor e a máxima calidade do produto, como así o recoñecen as diferentes distincións acadadas nos últimos anos.
Elaboramos dous queixos con DOP. Nestes a orixe do leite ten gran influencia:
A Campa, s/n • Fisteus
15310 • Curtis
A Coruña