Elixiches esta experiencia...

Santa Compaña Barleywine 12 uds.
MENDUIÑA
Artesanía Alimentaria
Santa Compaña é unha barleywine elaborada de xeito tradicional con nove tipos de malte, dous de lúpulo e nove meses de garda.
En nariz predominan aromas doces e maltes torrefactos. A entrada en boca é afroitada, en padal robusta, licorosa, de baixa carbonatación, cun final longo e persistente.
Marida con queixos, postres, froitas do bosque e carnes vermellas.