Elixiches esta experiencia...
Queixo STO. ANDRÉ

STO. ANDRÉ

Quesería Sto. André
DOP Cebreiro

Queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado. Ten unha maduración mínima de 45 días. Amosa a súa característica forma de gorro de cociñeiro, mentres que no que respecta á pasta é firme e amarelenta. En boca, o sabor resulta metálico, picante e lácteo, con aroma característico.

A Queixería Santo André nace a raíz da transformación que o seu propietario, Carlos Reija, realiza na súa explotación gandeira localizada na parroquia de Barredo (Castroverde, Lugo) no ano 2010. Ata ese momento, dedicárase unicamente á produción de leite, sendo pioneira no sector. En previsión da crise, decide derivar unha porcentaxe da súa produción á transformación, e atopa na diferenciación e exclusividade o seu principal valor. Aproveitando a súa situación xeográfica dentro da DOP Cebreiro, converte parte das instalacións nunha queixería. En 2015 abandona completamente a produción láctea e céntrase exclusivamente na elaboración de queixos.

Atópanos

Enderezo

San Andrés de Barredo, 17 · Castroverde
27127 · Catroverde
Lugo

Contacta

Teléfono

686 546 235

Correo Electrónico
reixa.stoandre@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?