Terra
Airas Moniz
Artesanía Alimentaria
Queixo de pasta branda e codia comestible. Pode ser máis firme ou máis cremoso segundo a época do ano. Non se prensa. Require volteos manuais continuos e moito traballo tanto na cámara de oreado (dous volteos diarios) como na de maduración (volteo cada dous días). Desenvolve mofos naturais debido á cava de maduración, na que predomina o Penicillium roqueforti sobre o Penicillium candidum.
Destaca polo seu sabor intenso e pola súa cor amarela, que se suaviza ao comelo coa codia. A intensidade aumenta a medida que avanza a maduración, chegando a ser moito máis marcada cando a codia evoluciona cara notas amoniacais. Sorprende que, a pesar de ser un queixo de sabor potente, ten moi pouca materia graxa.

