Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://experienciasdecalidade.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Elixiches esta experiencia...
Torta de Sarria

TORTA DE AMÉNDOAS E CASTAÑAS 800G

TORTA DE SARRIA
Artesanía Alimentaria

18,50€

Torta de améndoas e castañas ¨Val de Sarria¨: receita familiar que a miña nai e a miña aboa facían para ocasions especiais.

Torta de Sarria naceu en maio de 2015 coa idea de ofrecer repostería caseira, saudable e de calidade. Os nosos produtos son elaborados con agarimo, paciencia e ingredientes de primeira calidade, sen aditivos, utilizando materias primas dos produtores da zona sempre que é posible.

Comezamos con catro referencias e hoxe en día contamos con máis de corenta, sempre buscando ofrecer novos produtos e formatos que se adapten á demanda dos consumidores. Ofrecemos opcións veganas, produtos sen azucre e diferentes presentacións en canto a tamaño e materiais de embalaxe.

Os produtos da marca “Torta de Sarria” poden atoparse en tendas especializadas de toda Galicia, en feiras do sector de alimentación e artesanía, na carta de postres de moitos restaurantes da Comarca de Sarria, en detalles de eventos e empresas para datas sinaladas.

Ponlles cara

Torta de Sarria

Atópanos

Enderezo

Rúa Marques de Ugena 48
27600 Sarria, Lugo

Coordenadas
Leaflet © OpenStreetMap contributors

Contacta

Teléfono

626 210836

Correo Electrónico
tortadesarria@tortadesarria.gal

Queres estar á última das experiencias calidade?