Elixiches esta experiencia...
Val da Lenda Godello

Val da Lenda Godello

Val da Lenda
DO Ribeira Sacra

Presenta notas florais e de froita branca, boa acidez e gran personalidade, mantendo a identidade dos solos da Ribeira Sacra.

Val da Lenda é máis que unha adega: é a memoria dunha familia escrita entre socalcos e ribeiras do Sil. Cada viño nace do esforzo, da terra e do respecto por unha paisaxe única no mundo. Seguimos mantendo viva unha tradición que fala de identidade, paixón e raíces profundas. Porque en cada botella vai un anaco da Ribeira Sacra e da nosa historia.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA VAL DE LENDA

VAL DE LENDA

Bodega Val da Lenda ofrece unha experiencia de enoturismo centrada na historia, na tradición familiar e na viticultura heroica da Ribeira Sacra. 
As visitas realízanse con reserva previa e inclúen: 
- Percorrido guiado pola adega. 
- Explicación do proceso de elaboración. 
- Cata comentada dos viños. 
- Introdución á viticultura heroica.

Explicación histórica da D.O. Ribeira Sacra e dos “7 Tolos”.

A experiencia permite coñecer de primeira man a evolución da viticultura en Amandi, o cultivo en socalcos sobre fortes pendentes e o carácter único dos viños elaborados nesta paisaxe. 
As experiencias enoturísticas desenvólvense en grupos reducidos e cun enfoque próximo e personalizado, permitindo ao visitante descubrir non só os viños da adega, senón tamén a historia, a paisaxe e a identidade cultural da Ribeira Sacra a través dunha experiencia auténtica, emocional e profundamente ligada ao territorio. 

Outra experiencia inclúe maridaxe con embutidos e queixos.

Así que non dubides en consultarnos no teléfono 629 679 639

Non é unha cata é entender por que Amandi é Amandi.

Ponlles cara

victor

Atópanos

Enderezo

Cantón, 22 – Amandi
27423 Sober,
Lugo

Contacta

Teléfono

629 67 96 39

Correo Electrónico
info@valdalenda.com

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp