Elixiches esta experiencia...
VALMIÑOR

VALMIÑOR 2023


DO Rías Baixas

Cor amarela palla con reflexos verdes e limón. Brillante e con boa bágoa.
Intensidade alta, onde predominan os aromas primarios e varietais tales coma
cítricos de mandarina e pel de laranxa, froitas de carabuña coma o albaricoque e o pexego, cun
lixeiro toque de lima. Ademais, presenta unhas agradables notas de flor de laranxa e flores
brancas.
Boca fresca, alegre e envolvente, cunha boa estrutura e cunha acidez moi ben
integrada. Presenta unha boa untuosidade. A entrada é suave e agradable, cun final de punto
amargo, froiteiro e moi longo.
Harmonía: Petiscos, arroz de marisco, ensaladas complexas, legumes, mariscos á prancha,
marisco cocido, marisco en salsa, prancha de verduras e peixe branco ao forno.

Queres estar á última das experiencias calidade?