Elixiches esta experiencia...
Vedra do Ulla

VEDRA DO ULLA

Augardentes de Galicia, SA
IX "Orujo de Galicia"

Limpo e transparente.
Intenso en nariz, con forte carácter floral -rosa e lirio-, notas de froita madura -
amorodo ácido, melón e pera- e herbas aromáticas.
En boca resulta ampla, longa e persistente. Cun retronasal franco que lembra
aos seus aromas a froita e flores.
Harmoniza á perfección con calquera sobremesa.

Aguardientes de Galicia nace no 1992 da inquedanza dun grupo de persoas que deciden apostar
por unha actividade vencellada á zona, á tradición e á historia, pero coa intención de elaborar
destilados e licores. Desde o inicio, esta empresa decide avogar pola calidade, o emprego de
materias primas da rexión e a innovación para preservar a arte da destilación en Galicia. Deste
xeito, recuperando o pasado e coidando do seu patrimonio, lograron crear marcas modernas e
innovadoras, cuxa reputación, grazas a múltiples galardóns, traspasaron fronteiras. Este
recoñecemento mantén viva a súa loita por lograr que as súas augardentes adquiran o prestixio
digno dos mellores destilados.

Atópanos

Enderezo

San Pedro de Sarandón
15885 · Vedra
A Coruña

Contacta

Teléfono

981 502 100

Correo Electrónico
aguardientes@bardinet.es

Queres estar á última das experiencias calidade?