Noelia Bebelia 2020
Albariño da subzona de Soutomaior, expresión pura do terroir. O minimalismo feito viño. Acio de Prata nas Catas de Galicia 2020.
TERRA DE ASOREI 2018
Selección privada Terra de Asorei 2018, marca premiada co Acio de Bronce, na categoría viños de colleitas anteriores brancos nas Catas de Galicia 2020. Edición limitada para un albariño con crianza en lías de 12 meses.
Gundian Albariño Brut
Das terras de Vedra, aos pés da histórica ponte Gundián, na subzona do Ulla, dentro da DO Rías Baixas, procede este espumoso, feito co albariño procedente dos seus propios viñedos, conxugando tradición e innovación. Acio de Ouro nas Catas de Galicia 2020.
Lagar da Cachada
Albariño con sopro atlántico, de notas froiteiras e aroma a herba cortada. Pura frescura. Merecedor do Acio de Ouro branco na categoría de colleiteiro nas Catas de Galicia 2021.
Davide
Combina harmoniosamente intensidade, frescura e elegancia, produto dunha viticultura reflexiva, acredor do Acio de Ouro na categoría DO Rías Baixas nas Catas de Galicia 2020.
Vicius
Vicius elabórase a partir da selección de mostos flor, que pasan a fermentar en barricas novas de carballo francés de toste medio. Acio de Prata na categoría de elaboracións con madeira brancos na edición 2020 das Catas de Galicia.
Davila
Uvas albariño, loureiro e treixadura, que proceden unicamente de viñedos situados na zona do Rosal, explican a intensidade e o carácter afroitado deste viño galardoado co Acio de Bronce dos viños DO Rías Baixas brancos nas Catas de Galicia 2020.

