Elixiches esta experiencia...
Noelia Bebelia 2020

Noelia Bebelia 2020

Adega San Salvador de Soutomaior, S.L.
DO Rías Baixas

16,95€

Cor amarela brillante con reflexos verdosos.

Non é un albariño ao uso, de acidez pronunciada e herbáceo. O seu carácter tropical en nariz sorprende, as herbas secas e detalles de limón esperan pacientes a levalo á boca.

O seu punto de untuosidade segue dando paso a moita froita tropical, a detalles de óso de melocotón, a unha acidez non excesivamente pronunciada e a un viño atípico de Albariño.

Maridaxe: aperitivos, arroces, tapas, carnes brancas e peixes.

Os cinco piares nos que se asenta a súa filosofía resúmense en: prácticas sostibles, asociadas a unha gran cantidade de traballo manual; selección acio a acio e uva a uva na súa vendima antes de sometela á prensadura; filosofía non intervencionista e enfoque minimalista; manexo coidadoso ao longo do seu proceso de maduración; e, finalmente, moita paciencia. Con este viño elaborado cento por cento con uva Albariño, pretenden proxectar da forma máis honesta posible a expresión desta variedade no seu predio.

VISITAS GUIADAS E CATAS BAIXO RESERVA PREVIA

Ponlles cara

Simón. Adega San Salvador de Soutomaior

Atópanos

Enderezo

Lourido, 3 · 36690
Soutomaior · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

653 172 160

Correo Electrónico
info@noeliabebelia.com

Queres estar á última das experiencias calidade?