Lagar da Cachada
Ricardo Abal Padín
DO Rías Baixas
Cor amarela pallosa con escintilacións verdosas. Limpo e cun brillo espectacular.
Alta intensidade aromática, manifestando claramente a variedade de uva da cal procede. Destaca a mazá verde e as froitas de óso — melocotón e albaricoque—, con algunhas notas de flores brancas e herba seca, mantendo unha frescura e complexidade que o fan apetitoso. É fragrante e sutil.
En boca é redondo, cunha moi boa estrutura e bo corpo, combinado cunha acidez moi ben integrada e ensamblada. No ataque destaca polo seu equilibrio azucre/acidez facendo que sexa lambisqueiro e moi fácil de beber. No retrogusto vólvenos lembrar exactamente os matices que destacaran na fase olfactiva.
Maridaxe: peixes, mariscos e carnes brancas