MÓNICA ALBOR 2022
Viño das variedades mencía, sousón e caíño tinto, marca premiada co Acio de Ouro tinto na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.
COTARELO 2023
Viño con 50% de sousón e 50% de brancellao da DO ribeiro, marca premiada co Acio de Ouro tinto na categoría de viños de colleiteiro e de pequenas adegas nas Catas de Galicia 2024.
MANUEL ROJO 2022
Viño elaborado coas variedades sousón, brancellao, ferrón e caíño da DO Ribeiro, marca premiada co Acio de Bronce tinto na categoría de viños de colleitas anteriores nas Catas de Galicia 2024.

