Elixiches esta experiencia...
MANUEL ROJO

MANUEL ROJO 2022

Adega Manuel Rojo, S.L.
DO Ribeiro

Cor cereixa con reberete violáceo, brillante e capa media.
En nariz atópanse matices de froita vermella, fondo mineral e herbáceo.
En boca resulta sedoso e fresco.
Harmonía: Pratos complexos como, por exemplo, o cocido, guisos de carne e peixe.

Situada na localidade ourensá da Arnoia, Adega Manuel Rojo fúndase no ano 2003, o mesmo no que entra a formar parte da Denominación de Orixe Ribeiro, aínda que a tradición familiar de viticultores e adegueiros xa se remontaba aos anos cincuenta. Esta familia envorcou toda a súa paixón na viticultura, produto do esmero, a atención e o saber facer transmitido ao longo de varias xeracións. Os viños elabóranse seguindo un coidadoso proceso de selección da uva. A través de modernas técnicas de vinificación contrólanse os procesos de fermentación, mentres que a evolución posterior é seguida de cerca por periódicos controis de cata.

Atópanos

Enderezo

Os Chaos
32417 · A Arnoia
Ourense

Contacta

Teléfono

670 309 688

Correo Electrónico
info@adegamanuelrojo.com

Queres estar á última das experiencias calidade?