PAZO DE VALDOMIÑO Licor de Herbas
Licor elaborado macerando en frío unha selección natural de 7 herbas aromáticas e medicinais en augardente da IX Augardente de Galicia. Premiado co Pote de Ouro da IX Licor de Herbas de Galicia nas Catas de Galicia 2021 e 2022.
TAMTUM
Selección de plantas aromáticas e especias en augardente de ‘Orujo de Galicia. Marca premiada co Pote de Ouro na categoría IX Licor de Herbas de Galicia das Catas de Galicia 2024.
MEU CEO
Selección de plantas aromáticas e especias en augardente de Orujo de Galicia. Marca premiada co Pote de Prata na categoría IX Licor de Herbas de Galicia das Catas de Galicia 2024.
MEU CEO
Marca premiada co Pote de Prata na categoría de IX Licor de Herbas de Galicia na edición 2023 das Catas de Galicia.
FONTE DO FRADE Licor de Herbas
Licor elaborado macerando en frío unha selección natural de sete herbas aromáticas e medicinais na Augardente de Orujo de Galicia. Despois destílase e engádese azucre. Mantense en repouso antes e despois do seu embotellado. Galardoado co Pote de Prata nas Catas de Galicia 2022.
Terras de Lantaño Licor de Herbas
Licor de Herbas galardoado co Pote de Prata nas Catas de Galicia 2021. Elaborado mediante maceración en frío da nosa augardente de bagazo de uva albariño.
Quenza
Licor de Herbas premiado co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2020. Obtido mediante a destilación de bagazo e maceración de herbas aromáticas e medicinais durante 20 días.
PAZO SEÑORANS Augardente de herbas
Augardente de Galicia galardoada co Pote de Ouro nas Catas de Galicia 2020. Produto de producción limitada, destilado en alambiques de cobre de xeito tradicional a fogo directo.

