MANUEL SANDE
Mel de cor vermella, escura e limpa. O seu olor é eminentemente floral e persistente. A súa composición conxuga néctar de trevo, silva, brezo, carballo e diferentes plantas silvestres. Obtivo a distinción de Prata na categoría Multifloral das Catas de Galicia 2021 e 2022.
HORTA DAS COLMEAS
Este mel, polas súas características organolépticas, amosa un sabor doce con notas salgadas. Obtivo a distinción de Ouro na categoría multifloral das Catas de Galicia 2021 e o bronce no 2022.
O TROBO MEL DO VALADOURO
Mel monofloral de eucalipto de cor ámbar cun lixeiro toque a cera. Galardoado coa distinción de Ouro nas Catas de Galicia 2022.

