Elixiches esta experiencia...
Mel MANUEL SANDE

MANUEL SANDE

Mel Manuel Sande
IXP Mel de Galicia

10,50€

Mel de cor vermella, escura e limpa. O seu olor é eminentemente floral e persistente. En boca resulta agradable ao padal e lixeiramente amargo. A súa composición conxuga néctar de trevo, silva, breixo, carballo e diferentes plantas silvestres.

Este mel multifloral, en concreto, procede dun asentamento na Serra da Gañidoira, no concello de Muras, en Lugo. Un lugar de gran valor ambiental onde abunda o breixo, a silva, o trevo e o carballo, entre outras especies de vexetación silvestre. Manuel tamén dispón doutras alvarizas en diferentes localizacións da provincia lucense, logrando así que cada mel teña o sabor, o olor e a cor característicos da floración de cada unha das zonas onde se atopa situado.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA MANUEL SANDE

Experiencia Manuel Sande

Achégate ao meu obradoiro, desfrutarás dunha cata comentada dos distintos tipos de mel e outros produtos que comercializo. Poderás visitar as nosas colmeas e comprobar a importancia das abellas para o noso planeta. Tal como fixo o meu avó conmigo, intentarei transmitir toda a sabiduría das abellas.

Ponlles cara

Manuel Sande. IXP Mel de Galicia

Atópanos

Enderezo

Laxosa, 25
27393 · O Corgo
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

678 781 730

Correo Electrónico
Mafesande@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?