Elixiches esta experiencia...
Mel HORTA DAS COLMEAS

HORTA DAS COLMEAS

Eva Mª Rey Timiraos
IXP Mel de Galicia

12,00€

Este mel, polas súas características organolépticas, amosa un sabor doce con notas salgadas. Ten unha cor ámbar escura, mentres que en nariz revela principalmente olor vexetal. Precisamente, algo que lle achega a flora da zona, os castiñeiros, breixos e queirogas da contorna.

En Horta das Colmeas séguense dúas premisas: proceso de elaboración totalmente artesanal e produción limitada, o cal lles permite un control sobre o produto dende a extracción, pasando polo almacenamento ata chegar ao envasado do mel. Os apiarios están nunha contorna privilexiada, cun ecosistema natural e sostible. No seu mel está contido o néctar do bosque autóctono das Grañas do Sor, terra doce e fecunda de alta montaña. Isto, unido á experiencia herdada de xeración en xeración, dá como resultado un produto de calidade única garantida pola contraetiqueta que así o avala.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA HORTA DAS COLMEAS

Experiencia Horta das Colmeas

Convídote a que explores a nosa contorna como o fan as nosas abellas en busca de flores. Percorridos co río Sor como protagonista, onde poremos atención plena na vexetación existente, recurso clave para que as nosas abellas poidan producir o mel, o ouro doce da natureza. Tras o esforzo físico realizado no percorrido recorreremos ás propiedades terapéuticas do mel. A través dunha cata comentada dos nosos produtos recuperarás a túa enerxía. Aí van as nosas suxerencias:

Ponte Segade - Refuxio Cascón- Ponte Segade

Este itinerario iníciase na beira dereita do río Sor na Área recreativa de Ponte Segade, río arriba. O percorrido segue co curso do río ata a área recreativa e refuxio de Cascón onde pasando pola pequena ponte sobre o Sor volveremos pola outra beira ata o punto de inicio. Este percorrido permítenos descubrir aspectos interesantes relacionados coa cultura tradicional destas terras e coa vexetación e a fauna da ribeira.

Ponte Segade- Refuxio de Salustio-Ponte Segade

Este itinerario comeza na área recreativa de Ponte Segade. Tomamos o sendeiro que arranca río abaixo pola súa marxe esquerda, até o refuxio de Salustio, e despois de atravesar a ponte, regresamos ao punto de partida remontando o río pola outra beira. A área recreativa de Ponte Segade foi unha das primeiras acondicionadas para o desfrute e conservación do medio e como apoio para os pescadores. Novamente a vexetación de ribeira será a nosa protagonista.

Ambosores - Ribeiras do Bispo - Ponte Segade

Partindo de Ambosores, o percorrido lévanos pola parte alta do río Sor, dende o seu nacemento como tal na confluencia dos regatos de Tras da Serra e do Santar ata o curso medio rematando na área recreativa de Ponte Segade, onde poderemos descansar e tomar forzas.

Ponlles cara

Eva Rey de Horta das Colmeas

Atópanos

Enderezo

As Grañas do Sor
15339 · Mañón
A Coruña

Contacta

Teléfono

680 277 031

Correo Electrónico
rodrigreygranas@yahoo.es

Queres estar á última das experiencias calidade?