CASTELO 500 gr.
Queixo de pasta branca, branda e granulosa, elaborado a partir de leite pasteurizado e enteiro de vaca. Marca premiada coa Distinción de Ouro na DOP Cebreiro nas Catas de Galicia 2020, 2021 e 2022.
QUEINAGA Queixo Tetilla 1000g
Elaborado respectando a tradición, presenta a súa característica forma cónica e cor amarela natural. Marca premiada ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2024.
PAZO DE ANZUXAO Queixo Tetilla 1000g
Queixo de pasta branda, cremosa e uniforme con poucos ollos, de cor branca-marfil amarelenta. Galardoado ca distinción de Prata na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2022.
PAZO DE ANZUXAO Arzúa-Ulloa 1000g
Na rexión do Deza, rodeado dunha contorna privilexiada, está o Pazo de Anzuxao, onde dende hai máis de corenta años, se atopan as instalacións desta fábrica tradicional de queixos, galardoado coa Distinción de Prata na categoría Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2020, 2022 e 2024.
DANIBERTO
Queixo elaborado con leite de vaca, de sabor lácteo, manteigoso, lixeiramente ácido e salgado suave. Galardoado ca distinción de Bronce na DOP Queixo Tetilla nas Catas de Galicia 2022.
BO-QUEIXO
Bo-Queixo é un produto elaborado nas faldras do Pico Sacro, concretamente na pequena aldea de Orto, no concello de Boqueixón. Gañador da distinción de Bronce na DOP Arzúa-Ulloa nas Catas de Galicia 2022.

