Elixiches esta experiencia...
Queixo PAZO DE ANZUXAO

PAZO DE ANZUXAO

Lácteos Anzuxao, S.L.
DOP Arzúa-Ulloa

Pazo de Anzuxao é un queixo de pasta branda elaborado con leite pasteurizado, que pasou por un período de maduración mínimo de sete días. Presenta forma lenticular ou
cilíndrica, con bordos arredondados. A súa codia é fina, elástica, lisa e dunha cor amarela brillante. No que respecta á pasta, posúe unha tonalidade uniforme entre branca-marfil e amarela pálida, sen gretas, con poucos e pequenos ollos de distribución irregular.

A mediados de 1970 nace Lácteos Anzuxao elaborando DOP Queixo Tetilla a partir do leite producido nos propios campos do pazo. Co paso dos anos, a fábrica foi gañando relevancia pola calidade e o sabor dos seus produtos, logran así unha expansión gradual sen deixar de lado a tradición e o esmero dos seus inicios.

Atópanos

Enderezo

Madriñán, 1
36512 · Lalín
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 794 135

Correo Electrónico
info@lacteosanzuxao.com

Queres estar á última das experiencias calidade?