Elixiches esta experiencia...
Queixo DANIBERTO

DANIBERTO

Queixería Daniberto S.A.T.
DOP Queixo Tetilla

Queixo elaborado con leite de vaca, de sabor lácteo, manteigoso, lixeiramente ácido e salgado suave. A súa cortiza é fina e elástica, de menos de tres milímetros de grosor, e de cor palla natural, sen mofo. Pasta branda, cremosa e uniforme, sen ollos ou con poucos ollos pequenos regularmente repartidos. Cor branca-marfil, amarelada. Cheiro suave, lixeiramente ácido que recorda ao leite do que procede. Non podemos esquecer a súa forma cónica, cóncava-convexa, que o diferencia dos demais.

A Queixería Daniberto elabora os seus queixos conxugando unha receita tradicional coas mellores materias primas e o máximo control hixiénico-sanitario. Dúas características especiais que destacan na produción dos queixos da DOP San Simón da Costa, outorgándolle o seu particular sabor e aroma, son precisamente a materia prima e o afumado. A zona óptima de produción de leite apto para a elaboración destes produtos está composta pola área xeográfica que abarca a comarca da Terra Chá, en Lugo. Concretamente, nunha zona comprendida polos concellos da Pastoriza, Begonte, Muras, Xermade, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Cospeito.

Atópanos

Enderezo

Lugar Pude, 2 · San Simón da Costa
27820 · Vilalba
Lugo

Contacta

Teléfono

607 577 998

Correo Electrónico
daniberto@daniberto.com

Queres estar á última das experiencias calidade?