ABA de Trasumia
Albariño procedente do Alto Salnés con condución en emparrado, poda tradicional tardía e cultivo integrado. Dominan os aromas primarios, cítricos e froiteiros, con certas notas florais. Acio de Prata nas Catas de Galicia 2021.
EDUARDO BRAVO 2023
Viño elaborado coas variedades treixadura, albariño, torrontés, godello e loureira, marca premiada co Acio de Prata branco da DO Ribeiro nas Catas de Galicia 2024
Vía Arxéntea. Godello e Treixadura 2018
Tradición familiar e castes autóctonas valéronlle a este viño o Acio de Ouro dos viños brancos da DO Monterrei nas Catas de Galicia 2021.
ALTER
Treixadura, godello e loureira conforman unha paleta de sabores de marcado carácter froiteiro procedentes do corazón do Ribeiro. Galardoado co Acio de Prata na categoría D.O. Ribeiro branco nas Catas de Galicia 2021 e 2023.
PAZO DE RUBIANES 2023
O Albariño das camelias, marca premiada co Acio de Ouro ao mellor viño branco de Galicia 2024.
Paradigma de Leive
Viño branco, novo, elaborado coas variedades treixadura, albariño e loureira. Marca premiada co Acio de Prata na categoría de viños de Colleiteiro e pequenas adegas brancos nas Catas de Galicia 2021
JOAQUÍN REBOLLEDO Trasdairelas 2022
Selección da variedade godello da parcela Trasdairelas plantada en 1980 con solo pizarroso e granítico na ladeira do Sil a 400m de altitude.
JOAQUÍN REBOLLEDO Godello 2023
Viño monovarietal godello, galardoado co Acio de Prata branco da DO Valdeorras nas Catas de Galicia 2024.
Quinta de Couselo 2015
Viño DO Rias Baixas, subzona de O Rosal cun coupage de 90% albariño, 5% caíño branco e 5% Loureiro, cun traballo sobre lías de 40 meses en aceiro inoxidable e 12 meses en botella. Marca premiada co Acio de Bronce, na categoría de viños de colleitas anteriores brancos, nas Catas de Galicia 2021

