Carlos

Son Carlos, copropietario de Adega D´Fran fundada fai trinta e un anos. Estas viñas eran dos meus avós, os meus pais seguiron a tradición e agora eu, e espero que tamén sigan os meus fillos. Facemos un viño mencía moi recoñecido, unha pequena produción e agora imos empezar a facer un barrica que espero que guste. Estamos na subzona de Amandi chamada A Ponte na D.Ou. Ribeira Sacra, un lugar con encanto moi visitable e apto para probar os nosos caldos.

Adega D´Fran, S.C.
A MIÑA ADEGA
Adega D´Fran, S.C.
OS MEUS PRODUTOS

ESTRELA, mencía.

Fase visual: Cor vermella violácea, moi viva e limpa.

Fase olfactiva: Boa intensidade en nariz, moi fresco e con predominio das notas varietais a froitos do bosque e trazos florais -violeta-.

Fase gustativa: Potente e doceiro en boca. Amplo, fresco e untuoso. O tanino é maduro e redondo. Aparecen de novo as notas de froita vermella e froita madura, notas florais e especiadas. Bo percorrido e persistencia.

Maridaxe: Carnes vermellas, embutidos, queixos curados, arroces con carne ou sabores máis potentes e pescados azuis.

Atópanos

Enderezo

Vilachá de Doade, 134
27460 · Sober
Lugo

Coordenadas
42.42422519, -7.6884859

Queres estar á última das experiencias calidade?