Elixiches esta experiencia...
ESTRELA
ADEGA D´FRAN, S.C.
DO Ribeira Sacra
Cor vermella violácea, moi viva e limpa.
Boa intensidade en nariz, moi fresco e con predominio das notas varietais a froitos do bosque e trazos florais -violeta-.
Potente e doceiro en boca. Amplo, fresco e untuoso. O tanino é maduro e redondo. Aparecen de novo as notas de froita vermella e froita madura, notas florais e especiadas. Bo percorrido e persistencia.