Carlos Carrión Álvarez

Chámome Carlos Carrión Alvarez presidente da Cooperativa Vitivinícola Arousá, son Enxeñeiro Informático de profesión e cheguei ao mundo do viño como o 99% da poboación do Salnés que sempre estivemos vinculados a el e crecemos entre viñedos e barrís.

Paco e Lola fundouse no ano 2005, pero todo xurde cando nas colleitas dos anos 2003-2004 o exceso que había de produción de uva non era asumible polas adegas existentes e creouse a necesidade de formar unha cooperativa para darlle saída a ese viño. Hoxe en día somos máis de 400 socios. No 2007 construíuse a adega, hoxe procesamos máis de tres millóns de quilos e estamos en cincuenta países. Comezamos con dúas marcas, hoxe temos algún máis pero estamos a apostar polos viños de garda, viños que nos van a permitir gozar máis aló que os viños do ano.

Un dos praceres que ten dirixir esta adega é saber que contribuímos a facer feliz a moita xente, compartindo bos momentos con amigos e familiares e por iso convídovos a coller unha copa e gozar dun momento de felicidade.

Adega Paco & Lola
A MIÑA ADEGA

As nosas instalacións están dotadas da última tecnoloxía aplicada ao sector do viño. Esta moderna tecnoloxía, unida á tradición dos nosos viticultores e ao saber facer transmitido de xeración en xeración, permítenos obter a máxima expresión da uva, garantindo un magnífico resultado anada tras anada.

Durante todo o ano, o noso departamento de viticultura desenvolve un coidadoso traballo centrado no asesoramento e o control dos viñedos co obxectivo de alcanzar a máxima calidade da uva no momento da vendima. Estes exhaustivos controis non só os aplicamos en todos os nosos viñedos, senón tamén en cada etapa do proceso de elaboración do viño, garantindo a máxima calidade dos nosos produtos.

Adega Paco & Lola
OS MEUS PRODUTOS

PACO & LOLA VINTAGE

Fase visual: Cor amarela palla con reflexos dourados. Limpo e brillante.

Fase olfactiva: En nariz amósase elegante e complexo. Comeza polas notas a froita de mazá Golden, unha suculenta froita de carabuña e un toque tropical de piña madura. Séguenlle as notas de herbas de infusión que se entrelazan coas flores de sabugueiro. Aparecen tamén os recordos de bolaría fina e remata cun elegante carácter salino.

Fase gustativa: Intenso en perfecto equilibrio, complexo cunha grata sensación a froita madura. Untuoso e fresco, cun final de boca mineral e salino.

Harmonía: Ideal con pescados, arroces, carnes brancas e mariscos.

Atópanos

Enderezo

Valdamor, 18 · Xil
36968 · Meaño
Pontevedra

Coordenadas
42.4504115, -8.795215

Queres estar á última das experiencias calidade?