Elixiches esta experiencia...
Paco & Lola vintage

PACO & LOLA VINTAGE

ADEGA PACO & LOLA
DO Rías Baixas

Cor amarela palla con reflexos dourados. Limpo e brillante.

En nariz amósase elegante e complexo. Comeza polas notas a froita de mazá Golden, unha suculenta froita de carabuña e un toque tropical de piña madura. Séguenlle as notas de herbas de infusión que se entrelazan coas flores de sabugueiro. Aparecen tamén os recordos de bolaría fina e remata cun elegante carácter salino.

Intenso en perfecto equilibrio, complexo cunha grata sensación a froita madura. Untuoso e fresco, cun final de boca mineral e salino.

Paco & Lola é unha adega nova e moderna, comprometida cunha forma de facer e de experimentar o viño diferente. A súa imaxe distinguida e arriscada, as súas ganas de saírse do establecido e a creación dunha marca de recoñecemento mundial integran os tres piares da filosofía Paco & Lola. Estes piares están detrás de todo o que fan, desde o deseño das botellas, envolvidas nos seus característicos lunares, ata o proceso de elaboración dos seus viños. Paco & Lola fundouse no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e viticultoras da comarca do Salnés, que decidiron profesionalizar a súa produción. Esta cooperativa denomínase “Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousá” e actualmente está constituída por 436 socios, sendo a cooperativa máis importante por número de socios da DO Rías Baixas. A adega conta con 270 hectáreas de viñedo propio repartidas en máis de 2.200 parcelas de moi diversas superficies, localizadas na súa totalidade na subzona do Val do Salnés. Os socios e socias da cooperativa son o principal valor diferencial, a suma de todas estas parcelas características do minifundio galego achegan a súa diversidade e permítenlles elaborar viños diferenciados.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA PACO & LOLA

Adega Paco & Lola

Actividades enoturísticas:

VISITAS

Esta visita é ideal para aqueles visitantes que queiran experimentar Paco & Lola ao completo, tanto visualmente como no padal. A visita finaliza na sala de catas, onde os visitantes poderán degustar tres dos nosos viños.

DEGUSTACIÓN

A elección perfecta para aqueles que simplemente queren pasar un intre agradable na nosa sala de degustación rodeados de lunares e degustando os tres viños de Paco & Lola.

 

IMPRESCINDIBLE RESERVA NA NOSA WEB

https://pacolola.com/enoturismo/

 

Ponlles cara

Carlos Carrión Álvarez

Atópanos

Enderezo

Valdamor, 18 · Xil
36968 · Meaño
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 747 779

Correo Electrónico
comercial@pacolola.com

Queres estar á última das experiencias calidade?