ÁNADES GALICIA foie-gras 200g
ÁNADES GALICIA
Artesanía Alimentaria
Quinta da Curriza, s/n.
32616 Vilardevós
Ourense
629 605 288
info [at] anadesgalicia.com (info[at]anadesgalicia[dot]com)
Somos unha pequena empresa familiar, de Vilardevós, na comarca de Monterrei, en Ourense, e criamos patos nunha leira, Quinta da Curriza, situada nesta vila, para elaborar produtos de maneira artesanal, conservas e curados, principalmente, nunhas instalacións situadas no mesmo recinto, podendo abarcar así case todo o proceso de cría e elaboración. E dicimos case todo porque nós non facemos o proceso de incubación, se non que compramos os parruliños cunhas horas de vida, e é entón cando os trasladamos a Vilardevós, para que continúen xa crecendo na nosa quinta. As primeiras 3 - 4 semanas de vida, nas que só teñen peluxe, están nun recinto calefactado, e, en canto teñen pluma, xa se crían en liberdade na leira, na zona que é un souto de castiñeiros, e da que non saen porque empregamos unha raza de pato, a Mulard, que non voa; aquí vivirán uns 3 meses máis, e será nos últimos días onde só se alimentarán de millo fervido, do que extraerán o almidón para a hipertrofia dos seus fígados, proceso que tamén dará as carnes unhas características organolépticas especiais.
Con ausencia total de conservantes ou de calquera outro aditivo alimentario, harmonizando sempre tradición e artesanía, elaboramos os seguintes produtos:
Foie gras enteiro e en conserva. Elaborado con fígado salpimentado e preparado en conserva, o que fai que parte da graxa que o fígado ten de forma natural aflore e termine por envolver o bloque de foie.
Confits de muslos, zancos e ás. A carne confítase na súa propia manteiga, e o produto final está listo para consumir. As latas conteñen tamén a manteiga do confitado, que se pode usar para outras elaboracións.
Fabas con pato. Inspiradas no cassoulet francés, están feitas usando carne magra de pato e carcasas e verduras para elaborar un caldo no que cociñar as fabas.
Xamón de pato. Tras un proceso de salgadura das pechugas, iniciamos unha curación baixo temperatura e humidade controladas, conseguindo unha carne curada cun sabor moi intenso.
O noso escenario natural, coñecido co nome de Quinta da Curriza, está situado nun lugar da Galicia bucólica e rural do sur da provincia de Ourense, Vilardevós.
Aquí, na raia hispano-lusa, os nosos patos atopan a quietude que lles ofrece o monte de carballos e castiñeiros (máis dun, milenario) que lles dá acubillo, noite e día, durante toda a súa crianza.
É tamén nesta Quinta onde dispoñemos das instalacións precisas para a elaboración de todos os nosos produtos.
Quinta dá Curriza, s/n.
32616 Vilardevós
Ourense