José Ramón Rodríguez

Son José Ramón Rodríguez responsable da adega Joaquín Rebolledo en Valdeorras, A Rúa. Somos unha adega familiar con longa tradición vitivinícola. A adega creouse no ano 1978 da man de Joaquín Rebolledo o seu fundador e un dos pioneiros na elaboración de viños de calidade en Galicia.

Na nosa adega elaboramos os viños con variedades galegas principalmente godello e mencía. En brancos temos Joaquín Rebolledo godello, novo, froiteiro, fresco e moi saboroso, temos viños de parcela que reflicten moi ben a terra de onde saen, o microclima e a variedade. En tintos traballamos fundamentalmente con dúas liñas, un tinto xoven Joaquín Rebolledo dunha longa tradición, amplamente recoñecido e un viño de parcela de barrica cun coupage de mencía, sousón, brancellao e caíño tinto.

Podemos dicir que hoxe en Valdeorras está a vivirse un momento doce neste sector porque apostamos polas nosas variedades pola nosa autencicidad e tipicidade, sempre primando a calidade sobre a cantidade. Así que, anímovos a que degustedes os nosos viños valdeorreses e como non, os de Joaquín Rebolledo.

Joaquín Rebolledo
A MIÑA ADEGA

Toda a nosa vendima é manual en caixas de 15kg a nosa exisencia fai que a duración da nosa vendima non se prolongue mási dos 30 días, só así conseguimos extraer todo o potencial das nosas uvas, o momento idóneo para recoller cada parcela debe de ser respetado.

Joaquín Rebolledo
OS MEUS PRODUTOS

Os nosos viños son elaborados coa uva que se produce nas nosas 204 parcelas un total de 35 ha, reflexo do minifundio característico de Galicia. Facemos unha viticultura tradicional sostible sen empregar herbicidas e laboreando o solo.

As marcas que temos son:

Joaquín Rebolledo godello

Joaquín Rebolledo mencía

Joaquín Rebolledo tinto barrica

Joaquín Rebolledo Finca Trasdairelas

 

Atópanos

Enderezo

Rúa San Roque, 11
32350 · A Rúa
Ourense

Coordenadas
42.3966261, -7.0985389

Queres estar á última das experiencias calidade?