Elixiches esta experiencia...
tinto barrica

JOAQUÍN REBOLLEDO tinto barrica 2022

Bodegas Joaquín Rebolledo
DO Valdeorras

12,75€

Viño de parcela, viticultura tradicional e baixa produción, con 12 meses en barrica de carballo francés e 6 meses en botella.

Cor granate, capa media-alta e boa lágrima.

No nariz mostra unha boa combinación entre os froitos vermellos maduros e notas de especias.

Boca consistente e longa, de taninos doces e sabrosos. Boa untuosidade e estrutura. Glicérico, redondo con postgusto moi longo e fragante.

Grazas á visión de Joaquín Rebolledo, hoxe a adega conta cun dos viñedos máis singulares de Valdeorras. Ocupan unha superficie de 35 hectáreas perfectamente orientadas cara o sol, onde ademais medran castiñeiros e oliveiras.

Ponlles cara

José Ramón Rodríguez

Atópanos

Enderezo

Rúa San Roque, 11
32350 · A Rúa
Ourense

Coordenadas

Contacta

Teléfono

988 372 307

Correo Electrónico
info@joaquinrebolledo.com

Queres estar á última das experiencias calidade?