Os pais de Fiz

Unha vez tomada a decisión de vivir nesta pequena aldea de menos de 10 habitantes, quixemos dar un xiro máis ás nosas vidas e investir no lugar que viu nacer ao noso fillo Fiz e aos seus antepasados, levando a cabo un proxecto acorde coa nosa maneira de entender o mundo para así contribuír á recuperación do rural.  Así naceu en 2020 CienPorCel, unha explotación familiar de porco Celta baseada no silvopastoreo.

CienPorCel
A nosa empresa

Somos unha iniciativa de cría de Porco Celta sostible en extensivo no entorno dun núcleo rural. Nace no ano  2020 en Osmo, no Ribeiro (Ourense) a primeira aldea modelo en explotarse. O seu obxectivo é o de recuperar terras abandonadas ó mesmo tempo que se busca obter un beneficio económico dos animais que realizan este traballo. Dende 2023 elaboramos os nosos propios produtos de xeito tradicional nun taller artesanal propio en Cabeza de Vaca (Ourense). Podes descubrir máis sobre o noso proxecto nas nosas redes sociais.

Na actualidade o Porco Celta galego é unha raza incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como unha raza porcina autóctona española en perigo de extinción. Son animais moi rústicos e perfectamente adaptados ao medio onde se desenvolven polo que resultan idóneos para o noso proxecto de pastoreo en extensivo.

Son como os da casa
Os nosos produtos

“Son como os de casa” é o comentario de quen proba os nosos chourizos galegos. Elaborados artesanalmente con magro e touciño de Porco Celta criado en liberdade, pemento, allo e sal... e nada máis! Embuchados en tripa natural, atados a man e afumados con leña de carballo. Elaborados con agarimo e sen presa, respectando os tempos de curado natural. Presentes en dúas versións. Os chourizos “Os Suaves”, doces, co sabor de sempre para os máis clásicos e “Os Rabiosos” para aqueles que son máis atrevidos. Estes últimos elaborados con pemento de variedade Padrón, galardoados cunha estrela no Great Taste Award. Pero ollo! porque uns pican...e outros tamén!

Atópanos

Enderezo

Lugar de Osmo
32454 Cenlle
Ourense


Queres estar á última das experiencias calidade?