Chourizo celta ecolóxico
Jamones González
Agricultura ecolóxica
Artesanía Alimentaria. Agricultura Ecolóxica. IXP Lacón galego
Rúa Estación, 20 · Laxosa
27163 O Corgo (Lugo) Spain
+34 982 300 900
info [at] jamonesgonzalez.com (info[at]jamonesgonzalez[dot]com)
Os inicios de Xamóns González remóntanse a 1923. Desde entón, fomos crecendo manténdonos fieis á tradición transmitida de xeración en xeración, coa intención de preservar e conservar a filosofía inculcada polo noso fundador Manuel González Pérez, sendo así a única forma de conseguir produtos coa maior calidade e diferenciación posible, representativos dunha cultura culinaria arraigada á tradición. A empresa atópase situada nunha zona próxima á Serra dos Ancares, porta de entrada a Galicia no Camiño de Santiago. Os Ancares, zona de montañas da provincia de Lugo ao oriente de Galicia, goza dunha longa tradición na elaboración de embutidos cárnicos, xa que pola súa localización xeográfica posúe unhas condicións climatolóxicas óptimas para a elaboración deste tipo de produtos.
Jamones Gonzalez nace no ano 1923 da man de Manuel Gonzalez , nun pequeno pobo do concello do Corgo, elixido pola súa proximidade á estación de Ferrocarril, xa que era o mellor medio de transporte naquela época, para os envíos de mercadoría ás distintas provincias e sobre todo fóra de Galicia.
A empresa esta en mans da familia e seguimos apostando polos valores e principios do noso fundador, onde tradición e innovación compleméntanse para conseguir produtos dunha maior calidade e diferenciación posible, representativos dunha cultura culinaria arraigada na tradición.
Coidamos que as materias primas sexan de orixe sostible e de Galicia froito de todo iso son os selos de calidade cos que contamos, entre os que destacamos: Lacon Gallego IXP, Agricultura Ecolóxica, Artesania Alimentaria de Galicia.
En busca de perfeccionar neste respecto a as nosas orixes, desenvolvemos a nosa gama 100% ecolóxica, sen conservantes nin colorantes, e así obtemos carne con mais sabor, mellor textura e mais tenra.
Chourizo tradicional bolsa artesana
Chourizo celta ecolóxico
Lacón galego ixp, en porcións 300 g
Lacón galego IXP Pieza (de 3,5 – 4 kg)
Xamón Celta Ecolóxico corte coitelo
Rúa Estación, 20, Laxosa
27163 O Corgo
Lugo