Lácteos Anzuxao, S.L.

Lácteos Anzuxao, S.L.

A mediados dos anos 70 nace modestamente Lacteos Anzuxao elaborando queixo Tetilla a partir do leite que se produce nas propias leiras do Pazo. Co paso dos anos, a fábrica fíxose coñecida pola calidade e o sabor dos seus produtos, conseguindo así unha expansión paulatina sen deixar de lado a tradición e o coidado dos seus inicios.

Hoxe a materia prima empregada é o leite pasteurizado de vacas da comarca de produtores rexistrados. Para garantir a calidade dos queixos, o leite é sometido a rigorosos ensaios tanto en laboratorios oficiais como na propia fábrica.

Todo isto compleméntase co equipo humano de Lácteos Anzuxao, que, entre vendedores e traballadores de fabricación, está formado por unha vintena de persoas que se actualizan continuamente en materia de hixiene e manipulación de alimentos.

Actualmente, ademais da nosa famosa tetilla, contamos con queixo da terra (denominación Arzúa-Ulloa), queixo de barra, queixo semicurado de receita propia, e para quen queira coidar a liña, un queixo semidesnatado de gran sabor.

Son moitos os detalles que xogan un papel primordial na textura, sabor e dureza do produto final, por iso convidámosvos a coñecer o noso tradicional: Proceso de Elaboración.

Produtos

Os queixos anzuxao caracterízanse polo seu sabor lácteo, mantecoso e lixeiramente ácido. No seu cheiro suave pódese recoñecer o aroma do leite. As cortizas, na súa maioría finas e elásticas, varían de cor dependendo do tipo de queixo.

Segundo os procesos de prensado, moldeado e maduración nacen as distintas variedades que a continuación presentamos.

Queixo Arzúa Ulloa DOP e Queixo Tetilla

Atópanos

Enderezo

Madriñán, 1
36512 · Lalín
Pontevedra

Coordenadas
42.7105556, -8.1885833333333

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp