PAULA FANDIÑO

Son Paula Fandiño, enóloga e directora técnica de Mar de Frades, unha adega da D.O. Rías Baixas, ubicada no Val do Salnés onde fundamentalmente traballamos ca variedade albariño autóctona desta zona e con moitos anos de tradición de elaboración de viños. A miña paixón polo mundo do viño comenza cando inicio os meus estudos de agrónomos e decido especializarme na elaboración de viños. Hoxe adícome a facer viño e traballar os viñedos para obter unha uva de máxima calidade e así conseguir unhos viños excelentes. Vexo o gran potencial que ten esta variedade e cada ano intentamos sacarlle a súa mellor expresión, unha variedade que reflexa os nosos solos graníticos e o clima da costa atlántica que podemos disfrutar en cada unha das nosas botellas Mar de Frades e que convidamos a disfrutalo a todos os que queiran saborear o noso albariño.

Mar de Frades
A MIÑA ADEGA

 

Os viñedos nas Rías Baixas están moi fragmentados e divididos en miles de pequenas parcelas dispersas por toda a rexión. En Mar de Frades traballamos cuns 150 viticultores da zona, cos que mantemos unha estreita relación. Ademais, contamos con case 70 hectáreas de viñedos nalgunhas das mellores parcelas da zona, o que nos converteu nun dos grandes propietarios de viñedo na rexión.

O noso viñedo a pé de bodega, Finca Valiñas, é o paradigma da paisaxe galega por excelencia, as 3 hectáreas que conforman o viñedo de Finca Valiñas aséntanse sobre terrazas no cara sur do monte Valiñas, desde onde se divisa unha impresionante vista da ría de Arousa e as vides de Albariño elévanse emparradas para recibir a brisa do Atlántico. O chan da leira é extremadamente pobre, formado por descomposicións de granito e area que outorgan o carácter mineral aos nosos viños e que, grazas aos baixos rendementos, permítenos concentrar a auténtica esencia de Mar de Frades.
 

Mar de Frades
OS MEUS PRODUTOS

Os nosos produtos son:

FINCA VALIÑAS

Só das mellores uvas procedentes de Finca Valiñas, a pé da adega, nace este viño, destinado a ser un dos grandes brancos de España. A elaboración deste viño parte dos acios vendimados manualmente e seleccionados no viñedo. A uva de maior calidade descende ata os maceradores Ganímedes, onde se traballa a maceración en frío dos bagazos. Máis tarde, os mostos fermentan en depósitos de aceiro inoxidable con control de temperatura. Unha vez finalizan as fermentacións, retíranse as lías grosas permanecendo en contacto unicamente con as lías finas durante 3 anos, realizando batonnage periódico. Repousará en botella 2 anos a posteriori. Limpo, brillante de cor amarela limón pálido con reflexos verdes. Aroma a mermelada de cítricos e fruta de oso. Cremoso e mantequilloso, corpulento e denso, debido a crianza sobre lías. Fresco e moi equilibrado.

GODELLO

Singularidade Atlántica que combina a súa elegante estrutura con delicadeza na expresión, un viño singular de enorme complexidade. Os acios de godello córtanse e colocan en pequenas caixas que en poucas horas chegan a adega, onde se gardan en frío ata a súa chegada á mesa de selección onde só as uvas elixidas, 65%, entran directamente na prensa, onde obtemos un mosto flor que fermenta en aceiro inoxidable cos seus propios fermentos durante máis de 20 días. Cando chegan os fríos do inverno comezamos “o batonnage” das súas lías cun lento e pausado movemento que dura ata entrado o outono seguinte. Un 4% do viño trasegase a barricas de carballo francés onde se cría sobre as súas lías durante 3 meses, pasado ese tempo, mestúranse de novo. Mar de Frades Godello é un viño con personalidade moi suxestiva, con cor pálida, aceirado e reflexos de lima verde. Destila unha elegancia que comeza no nariz, onde notas de froita da paixón e piña se solapan con notas balsámicas e salinas. Ao padal é xugoso.

ALBARIÑO

Mar de Frades Albariño é un viño que envolve co seu frescor e o seu corpo, creando un equilibrio entre a delicada elegancia e o atractivo volume. O viño que convida a vivir en azul cada momento, sacando o mellor de ti mesmo para facerche brillar con luz propia. A uva máis fresca é prensada directamente, mentres que a uva en maceración, descende ata os maceradores Ganímedes, onde sen sulfuroso e ca sua pel permanece macerando 32 horas. Unha vez obtidos os mostos limpos e aromáticos, os fermentos indíxenas que lles acompañaron transforman o azucre en alcol para obter viños potentes, vibrantes e intensos que se traballan cas súas lías. É un viño luminoso, de cor limón relucente e reflexos destellantes de lima que convidan a descubrilo. No nariz, é vital e intenso, froita xugosa (pera e albaricoque), flores brancas (gardenia) e froitas tropicais (lichi, piña) acollen delicados matices balsámicos e frescos. Na boca, é fluído e refrescante, ao mesmo tempo que saboroso e enérxico, cunha acidez perfectamente trazada.

BRUT

O primeiro Espumoso elaborado 100% con Albariño polo método tradicional Champenoise. Carácter salino e sorprendente grazas a súa fina e elegante burbulla. Unha vez seleccionamos os acios, prensanse ata obter un 40% de mosto. Segue a fermentación controlada a 15 graos. Ponse máximo coidado no resto do proceso: trasegas, embotellados… mantendo a riqueza aromática. É amarelo dourado. Fino no nariz, complexo e expresivo. Fondo de auga de mar, eucalipto e froitas brancas. Fondo de pan tostado e casca de améndoas.

Atópanos

Enderezo

Lugar Arosa, 16 · San Martiño
36637 · Meis
Pontevedra

Coordenadas
42.503221, -8.748486

Queres estar á última das experiencias calidade?