BLANCA e DIEGO

Nesta aventura participamos Blanca, Diego e as nosas compañeiras de vida, as abellas Galeirón. O nome do noso mel, fai referencia a un regato que pasa cerca da nosa albariza de pedra, onde comezou o noso camiño, xa que a auga é tan importante para a supervivencia destes seres e o mesmo tempo,  elas son tan importantes para a vida do noso planeta.

Un pracer ser parte da recuperación dun traballo ancestral no rural e acompañados da natureza máis incrible e salvaxe, que da lugar,  a un produto excepcional do que nos sentimos moi orgullosos e agradecidos pola boa resposta das persoas, que nalgún momento teñen nas súas mans un frasco do Galeirón.

O GALEIRÓN
OS NOSOS PRODUTOS

O noso mel é de flores silvestres e ten os selos de Artesanía alimentaria como Mel de montaña e da I.X.P. Mel de Galicia. Neste mel destaca o castiñeiro, queiroga, silva, mietalo.....temos envases de 330g e de 1kg.

O Galeirón
O NOSO OBRADOR

Temos un obradorio de pedra con dúas plantas. A zona superior é onde se atopa a sala de extracción, unha vez extarído o mel cae polo seu propio peso a través dunha mangueira de alimentación aos tanques da planta baixa.

Na planta inferior, temos os tanques de maduración do mel e unha pequena tenda. Envasamos e preparamos os pedidos etiquetando cada tarro á man e vendémolos aquí.

Atópanos

Enderezo

Aldea Mercurín, 11
27324 Folgoso do Courel
Lugo

Coordenadas
42.635245, -7.165786

Queres estar á última das experiencias calidade?