DON GABINO
Queixería Don Gabino
DOP San Simón da Costa
DOP San Simón da Costa
Augarrío, 10 San Simón da Costa
27815 Vilalba
Lugo
http://www.dongabino.es/
correo [at] dongabino.es (correo[at]dongabino[dot]es)
A queixería Don Gabino foi fundada polos meus pais no ano 1990 como un acto de amor á terra, un acto de recuperación da tradición e elaboración dos queixos de San Simón da Costa .
Unha tradición que nos une á terra e cuxo obxectivo era evitar a desaparición e recuperación do queixo de San Simón da Costa elaborados polos nosos antepasados durante séculos.
Un queixo especial, único, que se elabora con leite de vaca e é afumado con labras de bidueiro achegándolle ese cheiro e sabor característico.
No ano 2014 produciuse a substitución xeracional e fíxenme responsable da queixería Don Gabino por motivos sentimentais e vocacionais.
A localización da queixería e a súa contorna é marabillosa polo que a miña vida seguirá ligada ao queixo Don Gabino.
No ano 1990 ponse en marcha na vilalbesa parroquia de San Simón da Costa unha das fábricas, cuxa contribución non fixo máis que impulsar un dos queixos galegos máis estimados, con máis sona e cun futuro, que para eles quixesen outros moitos produtos do país. A queixería don Gabino entrecrúzase e mestúrase na historia recente coa doutras fábricas que tiveron orixe no lugar onde se fai un queixo para moitos difícil de repetir.
Na queixería Don Gabino o respecto pola tradición e o coidado artesanal co que se fabrica fai do queixo San Simón un produto excepcional .
O queixo Don Gabino é un queixo que se produce baixo o amparo da DO San Simón da Costa, é un queixo graxo de pasta semidura e preta con codia afumada. Está elaborado exclusivamente con leite de vaca das razas Rubia Galega, Pardo Alpina e Frisoa.
A preparación do queixo Don Gabino axunta a tradición respectando a receita tradicional coa mellor materia prima.
Tras a súa elaboración e un período de maduración de 60 días ao cabo dos cales se afuma con labras de bidueiro que lle achega un sabor especial a este tipo de queixo.
Don Gabino mantén a esencia do queixo de San Simón da Costa.
Augarrío, 10 · San Simón da Costa
27815 · Vilalba
Lugo