Elixiches esta experiencia...
Queixo Don Gabino

DON GABINO

Queixería Don Gabino
DOP San Simón da Costa

15,30€

Don Gabino é un queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado, callo, fermentos e sal. Posúe un sabor suave con notas afumadas, textura fina e cremosa. A curación mínima é de 45 días, ao cabo dos cales se afuma con madeira de bidueiro, o que lle imprime un toque de sabor e de ton ocre á codia. Con respecto á cor, debátese entre a branca e a amarela. A súa codia dura e ríxida posúe un grosor de un a tres milímetros e loce ton amarelo case ocre.

Hai anos era sinxelo atopar unha casa en Cuesta, preto de Vilalba, que elaborase o afamado queixo San Simón da Costa, coas súas propiedades inconfundibles: salgado, curado, afumado e feito con leite de vaca. Na casa de Gabino Román continúase con esa tradición familiar, pero dun xeito máis mecanizado, desde o ano 1991. A Queixería Don Gabino dispón dunha produción na que sempre se primou o coidado individualizado dos queixos, a dedicación, a máxima calidade e o bo servizo.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA DON GABINO

Experiencia Don Gabino

Visítanos e poderás desfrutar dunha experiencia sensorial a través da cata dos nosos produtos. Como tamén producimos mel desfrutarás da excelente maridaxe que forman o queixo e o mel galegos. Poderás percorrer a queixería, coñecer o proceso de elaboración do queixo San Simón da Costa e comprobar todo o coidado que lle dedicamos a este produto. Se te animas tamén visitaremos algún apiario veciño.

Contáctanos, cóntanos as túas inquedanzas e necesidades e guiarémoste na visita.

Aconsellámoste que experimentes cos lugares de interese próximos ás nosas instalacións.  Como a nosa igrexa, erixida en honor de San Simón, sita na parroquia de San Simón da Costa, e considerada a "Catedral da Terra Chá" polas súas dimensións. No seu atrio atópase un dos cruceiros máis antigos da zona, datado de 1793. O castro de San Simón da Costa, tamén coñecido como "Castro de Vilarmaior", onde se atoparon restos cerámicos e outros utensilios das épocas neolítica e paleolítica. O miradorio natural do Monte do Monseivane con vistas panorámicas á comarca da Terra Chá e moito máis...

Ponlles cara

Cristina Román. DON GABINO

Atópanos

Enderezo

Augarrío, 10 · San Simón da Costa
27815 · Vilalba
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

982 525 922

Correo Electrónico
correo@dongabino.es

Queres estar á última das experiencias calidade?