Quesería Prestes

ADELAIDA E MAIQUEL

Somos unha empresa familiar fundada en 1991 en San Simón ( Lugo) dedicada desde os seus inicios a elaboración do queixo San Simón da Costa DOP . No 2000 comezamos a produción de queixos DOP Queixo Tetilla e tamén nos consolidamos como marca de referencia grazas a presenza en feiras, catas e concursos. En 2016 iniciamos  a exportación e tamén nos trasladamos a unhas instalacións novas, apostando pola diversificación de produtos, a expansión a novos mercados e mantendo sempre o respecto pola tradición, a materia prima e o saber facer artesán.

En Queixería Prestes sentímonos orgullosos de ser unha empresa familiar, galega e comprometida coa nosa terra. Para nós, cada queixo é moito máis ca un produto: é o resultado da nosa historia, da nosa paixón e da ilusión por compartir Galicia a través do sabor.

 

Queixería Prestes
A MIÑA QUEIXERÍA

Prestes combina tradición, control tecnolóxico e diversificación comercial. A elaboración do San Simón da Costa constitúe o núcleo da súa identidade, mentres que as novas variedades lle permiten responder a distintos segmentos de consumo e aumentar o valor da produción láctea galega.

A queixería emprega principalmente leite de vaca procedente de gando de razas Frisona, Parda Alpina, Rubia Galega e os seus cruzamentos, e declara realizar controis ao longo de toda a cadea, desde a procedencia da materia prima ata as condicións hixiénicas de elaboración

Queixería Prestes representa un modelo de empresa familiar galega que evolucionou desde unha pequena produción artesanal ata unha actividade queixeira de maior escala, sen abandonar a vinculación co territorio e co saber facer local.

Quexería prestes
OS MEUS PRODUTOS

O respecto á tradición, a materia prima e o mimo artesanal co que Prestes fabrica os seus queixos, convirten cada produto nun alimento exquisito, de calidade e saudable.

No caso do produto DOP, as explotacións, queixerías, locais de maduración e instalacións de afumado deben estar inscritos nos rexistros correspondentes e sometidos a inspeccións e verificacións. O control inclúe revisión documental, inspección das instalacións e análises fisicoquímicas e organolépticas.

Atópanos

Enderezo

Polígono Industrial Sete Pontes
Parcelas 49-50
27800 Vilalba
Lugo


Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp