Elixiches esta experiencia...
San Simón da Costa DOP
Quesería Prestes
DOP San Simón da Costa
Forma intermedia entre peonza e bala, coa parte superior rematada en pico. A codia é afumada, dura e inelástica, de cor amarela. A pasta é fina, graxa, semidura e semielástica, cunha cor entre branca e amarela, suave ao corte. Os ollos son escasos, de forma redondeada ou irregular e de tamaño variable, sempre inferiores ao medio chícharo.
Fase olfactiva: Aroma afumado característico.
Fase gustativa: Sabor definido polo proceso de afumado con madeira de bidueiro, unha árbore típica da comarca.

