SACRAPASTAS bolsa 80g
SACRAPASTAS
Artesanía Alimentaria
Artesanía Alimentaria
Rúa Nova, 2
27550 Taboada (Lugo)
686 746952
sacrapastas [at] gmail.com (sacrapastas[at]gmail[dot]com)
Son Tamara Castro, segunda xeración dun obradoiro familiar, dunha panadaría artesá que abriu as súas portas no ano 1986 da man dos meus pais, Darío e Elia, que xa levaban tempo vencellados á panadaría e á repostaría tradicional. Medrei aquí, dentro deste espazo que é tamén parte da miña vida, dun xeito moi directo e especial, aprendendo desde nena o valor do traballo feito con calma, coas mans e co corazón.
A intención da nosa marca é protexer, transmitir e poñer en valor a cultura gastronómica da repostaría caseira da nosa zona, esa que naceu nas casas do rural galego. Queremos manter viva esa memoria doce que non entende de modas, e darlles voz ás verdadeiras protagonistas desta historia: as mulleres que, con creatividade e moito amor, elaboraban receitas a partir do que tiñan nas súas casas, convertendo o sinxelo en algo extraordinario.
En Sacrapastas seguimos fieles á esencia de sempre, mantendo a máxima calidade dos ingredientes e apostando por produtos de Artesanía Alimentaria. Porque cremos que no coidado do detalle e na orixe está o verdadeiro sabor de sempre, esa autenticidade que fai única a nosa galleta e que conecta directamente co corazón da tradición.
En Sacrapastas, cada galleta é o resultado dun proceso coidado e respectuoso cos tempos do oficio. Elabóranse con ingredientes de máxima calidade e proximidade, como fariña sen aditivos, ovos campeiros, manteiga galega, azucre e limón, mantendo intacta a esencia do sabor auténtico. Todo isto baixo un proceso completamente artesanal, onde a dedicación manual e o coidado do detalle son fundamentais en cada peza.
A marca conta ademais co recoñecemento de Artesanía Alimentaria, un distintivo que certifica o seu compromiso coa elaboración tradicional, o traballo manual e a preservación do patrimonio gastronómico galego.
Sacrapastas non é só unha empresa de repostaría: é unha forma de entender o tempo, a tradición e a cociña como parte viva da cultura. Un proxecto que une pasado e presente a través do sabor.
Cando probedes a galleta, podedes apreciar xa no seu olor e logo no padal, un sabor moi fino a manteiga cun toque final de limón que nos dá toda a intensidade de sabores da mesma, coméndoa soa ou tamén en perfecta combinación con outros produtos artesáns como son os iogures, o quefir, o requeixo, os xeados, o mel... ata combinacións moito máis complexas elaboradas por profesionais da repostería e cocina galega coas que poderedes gozar deste irresistible doce con sabor a tradición!
En Sacrapastas ofrecemos as nosas galletas en tres formatos diferentes, pensados para adaptarse a cada momento do consumo:
PANADERÍA DARÍO
Rúa Nova, 2
27550 Taboada (Lugo)