TARTAS LA ABUELA 1kg
TARTAS LA ABUELA
IXP Tarta de Santiago
IXP Tarta de Santiago
Cimadevila – Castrofeito, s/n
15895 O Pino
A Coruña
981 814 304
comercial [at] tartaslaabuela.com (comercial[at]tartaslaabuela[dot]com)
Hai sabores que nos devolven á infancia, aromas capaces de transportarnos á cociña dunha avoa e receitas que sobreviven ao paso do tempo porque gardan algo máis importante ca os ingredientes: emocións. Iso é o que representa Tartas La Abuela, unha empresa galega que leva desde 1981 convertendo a tradición reposteira en momentos para compartir arredor dunha mesa.
Nacida en O Pino, no corazón de Galicia, a empresa mantén viva a esencia da repostaría tradicional galega, combinando o saber artesanal coa innovación e o coidado polos detalles. A súa emblemática I.X.P. Tarta de Santiago converteuse nun símbolo do legado gastronómico galego e da autenticidade das receitas de sempre.
Máis que unha empresa de repostaría, Tartas La Abuela é unha homenaxe aos sabores da infancia, ás receitas compartidas en familia e á emoción de sentirse na casa.
A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais das tortas amparadas por esta indicación xeográfica protexida.
A popularización da peregrinación a Santiago sirveu para a divulgación deste doce que tamén grazas o bo facer dos obradoiros composteláns soubéronse conservar as receitas herdadas.
Só a coidadosa atención á calidade dos ingredientes e o esmero na elaboración garanten a conservación das virtudes e sabores tradicionais desta sobremesa e fan dela algo apetecible para todo tipo de público.
A nosa Tarta de Santiago é moito máis ca un doce tradicional: é un anaco da historia e da alma de Galicia. Elaborada seguindo a receita auténtica, coa intensidade da améndoa como protagonista e o sabor inconfundible das elaboracións de sempre, cada porción transporta aos recordos das celebracións en familia e ao espírito do Camiño de Santiago.
Dourada por fóra, tenra e intensa por dentro, a súa icónica cruz de Santiago convertea nun símbolo da nosa tradición gastronómica. Un sabor auténtico que emociona, perdura na memoria e converte cada momento nunha pequena celebración.
TARTAS LA ABUELA
Cimadevila – Castrofeito, s/n
15895 O Pino
A Coruña