Ángel Rodríguez Estévez

Son Ángel Rodríguez Estévez estiven emigrado toda a vida, vivín en Francia vinte anos en Còte-d´Or unha rexión da Bourgogne onde se fai moi bo viño e 42 anos en Suíza en Genève. Ao final regresei aquí onde vivian os meus avós e onde se criaron os meus pais.

Como viña dunha rexión onde se facía viño, eu quixen poñer en valor todos estes terreos familiares e decidimos plantar albariño dentro da D.O. Rías Baixas. Pouco a  pouco fomos medrando,compramos máis parcelas e hoxe temos en produción quince hectáreas chegando a crear a adega que se chama Terras do Abelán. Case toda a produción se exporta a Suíza, temos en proxecto plantar dez hectáreas máis ata alcanzar as 250.000 botellas de colleita propia.

Síntome moi orgulloso porque despois de tantos anos na emigración, puiden volver ás miñas raíces en Galicia para producir un produto galego de calidade, tan apreciado fóra das nosas fronteiras.

Terras de Abelán
A MIÑA ADEGA

Terras do Abelán, é unha adega que produce, elabora e comercializa viños Rías Baixas.

Está situada na parroquia de Valeixe, A Cañiza nunha contorna idílica entre viñas e natureza.

Adega Terras do Abelán vinifica coas súas propias uvas, sendo o seu único provedor e mantendo con rigorosidade unha harmonía entre cepa e produción como prioridade na elaboración dos seus viños.

No comezo da vinificación, realízase un proceso de selección de uvas, para conseguir uns mostos de excelente calidade, con iso elabóranse dous tipos/marca de viños:

  • 100% albariño, Terras do Abelán, viño fermentado en inox e cunha crianza de 6 meses nas seas propias lías, obtendo viños frescos, aromáticos e con carácter.
  • 100% albariño barrica, viño fermentado en barrica e cunha crianza de 8 meses, viño intenso, profundo e complexo.

A motivación de Terras do Abelán é seguir elaborando viños de alta calidade e manter o legado dos nosos antepasados.

Terras do Abelán
OS MEUS PRODUTOS

ABELÁN

Fase visual: Limpo e brillante, cunha cor amarela que lembra á do limón.

Fase olfactiva: Aroma intenso en nariz, expresivo, cheo de matices florais e lixeiras notas de froitas coma o pomelo, a mazá verde ou a nectarina.

Fase gustativa: Paso por boca fresco e amplo, cunha elegante acidez ben integrada que o converte nun viño de grato recordo.

Harmonía: Perfecto con todo tipo de pescado e mariscos, ideal para carnes brancas e queixos galegos. Unha harmonía excelente entre a cociña xaponesa e tailandesa.

Atópanos

Enderezo

Pintelos, s/n · Foxo (Valeixe)
36883 · A Cañiza
Pontevedra

Coordenadas
42.1556513, -8.3049661

Queres estar á última das experiencias calidade?