Elixiches esta experiencia...
Abelán

ABELÁN 2022

TERRAS DO ABELÁN
DO Rías Baixas

Colleita do 2022.

Acio de Ouro ao Mellor Viño Branco de Galicia nas Catas de Galicia 2023.

Limpo e brillante, cunha cor amarela que lembra á do limón.

Aroma intenso en nariz, expresivo, cheo de matices florais e lixeiras notas de froitas coma o pomelo, a mazá verde ou a nectarina.

Paso por boca fresco e amplo, cunha elegante acidez ben integrada que o converte nun viño de grato recordo.

Terras do Abelán é unha adega adicada á produción, elaboración e comercialización de viños da DO Rías Baixas. Foi fundada por Ángel Rodríguez Estévez a finais dos anos 90, con pequenas parcelas de viñedo propio. Paulatinamente, foi crecendo ata conseguir unha plantación de variedade Albariño. Xunto a Pablo Estévez, como enólogo da adega, conseguiron elaborar un viño que en poucos anos foi recoñecido nos principais concursos vinícolas do mundo.

Ponlles cara

Ángel Rodríguez Estévez

Atópanos

Enderezo

Pintelos, s/n · Foxo (Valeixe)
36883 · A Cañiza
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

676 398 312

Correo Electrónico
pabloestevez06@yahoo.es

Queres estar á última das experiencias calidade?