Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Ponlles cara
DANIEL
DANIBERTO
A Queixería Daniberto elabora os seus queixos combinando a tradición artesanal coas mellores materias primas e cun rigoroso control hixiénico-sanitario. Esta unión entre saber facer tradicional e innovación permite obter produtos de alta calidade e cunha identidade propia.
Ponlles cara
ANDREA PIÑEIRO
Cooperativa de Produtores do Campo da Capela S.C.G.
A nosa razón de ser é fundamentalmente manter vivo o rural e seguir fabricando produtos con sabor auténtico da nosa terra de xeito tradicional