ANDREA PIÑEIRO

Son Andrea Piñeiro, formo parte do equipo Campo Capela realizando labores comerciais e de promoción. Este proxecto nace da inquedanza e da ansia por mellorar. Desde o ano 1969 o noso principal obxectivo é ofrecer toda a axuda aos nosos socios co fin de conseguir unha materia prima de calidade con todas as garantías hixiénico-sanitarias.
O noso camiño queixeiro comezou fai máis de 15 anos, elaborando requeixo, un produto moi aprezado na comarca onde nos ubicamos: Eume e Ortegal. Pouco a pouco, fomos innovando e lanzando novas referencias ao mercado intentando innovar pero sen perder os xeitos de elaboración tradicionais.
Con unha materia prima de calidade, procedente das gandeirías dos socios da cooperativa, apostamos pola elaboración a base de leite cru. Deste xeito conseguimos traer do pasado o sabor do rural e do artesán. Por este feito, somos os únicos elaboradores de Tetilla D.O.P do mercado galego en leite cru. Primamos por riba de todo os xeitos de produción responsables co medio ambiente, tanto dende as gandeirías como na nosa fábrica.

campo Capela
OS MEUS PRODUTOS

Ademáis da mateiga e o requeixo elaboramos os seguintes tipos de queixos:

Queixo O Mouro, semicurado cun baño de canela e café galardoado no World Cheese Awards.

Queixo con chourizo de porco celta, semicurado con pequenos anacos de chourizo e cun baño de pimentón.

Queixo tenro, ou queixo do país elaborado con leite cru.

Queixo de inverno, queixo curado, estacional alaborado de outubro a marzo.

Queixo Tetilla, elaborado con leite cru e cunha maduración curta de 8 días

 

CAMPO CAPELA
A MIÑA QUEIXERÍA

A nosa queixería comezou no 2002 sendo un pequeno obrador onde elaboramos requeixo, coa fin de atender ás demandas dos consumidores que non atopaban o produto nos lineais. Anos máis tarde, comezamos a elaborar outros tipos de queixos que a día de hoxe son recoñecidos tanto dentro como fóra das nosas fronteiras como o queixo O Mouro, cun recubrimento de café e canela. Así, a fábrica foi medrando ata sometela a unha ampliación no 2013 para ser quen de acoller o volume de fabricación diario.
Ademais, elaboramos manteiga do mesmo xeito que o facían as nosas avoas, así como o queixo de inverno ou queixo da nabiza.
Aínda que contamos con tecnoloxía que nos facilita bastante o traballo, en todos os procesos sempre interveñen as mans das nosas artesás, que verifican que o produto cumpla sempre cuns estándares de calidade sen desvirtuar a materia prima de calidade coa que contamos. Toda ela procede das gandeirías dos nosos socios, non mercamos leite a ningún axente externo. Isto permítenos ter maior control de calidade sobre o noso produto, e ao ser gandeirías de pequeno-mediano tamaño, o manexo dos animais inflúe na calidade do leite.
Os pedidos elabóranse diariamente e os queixos selecciónanse de maneira individualizada atendendo ás necesidades de cada cliente. O proceso de empaquetado é completamente manual e nos permite obter un segundo control de calidade do noso produto.

Atópanos

Enderezo

Os Calzados, 8
15613 A Capela
A Coruña

Coordenadas
43.454097, -8.047193

Queres estar á última das experiencias calidade?