Cousas
ricas
T-Bone de Ternera Gallega á grella, pataca asada con Queixo Tetilla e pementos verdes
Tempo aproximado: 40 minutos
Que necesito?
- 4 costeletas de Ternera Gallega de 600-700 g con solombo (óso en forma de T)
- 4 patacas medianas IXP Pataca de Galicia
- 50 g DOP Queixo Tetilla
- 4 pementos verdes medianos (Oímbra, Arnoia)
- sal gordo
- aceite de oliva virxe extra
Temperar as costeletas polo menos unha hora antes do cociñado. Dispoñer as patacas lavadas e os pementos nunha fonte de forno e impregnados con aceite e sazonados con sal gordo. Cubrir con papel de aluminio e asar ata que estean tenros no forno seco a 160 ºC durante 40 minutos.
Unha vez asada a pataca, darlle un corte en cruz e encher cun pouco de queixo Tetilla para que funda. Servir os pementos así ou pelados se se prefire.
Cociñar a carne á grella volta e volta ao punto desexado. Salpicar de sal gordo. Repousar 3-4 minutos e servir inmediatamente coas patacas e os pementos.
Suxestión: para que as costeletas estean quentes no centro, poñelas na grella primeiro pola zona do óso, de pé, e despois pola zona da graxa de cobertura.