Cousas
ricas
“Ternera Gallega” ao viño tinto con cenorias glaseadas
Servir os cubos de carne xunto coas cenorias glaseadas e a salsa do estufado.
Que necesito?
- 1,5 kg carne de Ternera Gallega para guisar
- 1 botella de viño tinto DO Ribeiro
- 2 cebolas medianas picadas grosas
- 2 porros picados grosos
- 4 dentes de allo cortados en dous
- 2 cenorias picadas grosas
- 100 g de touciño entrefebrado afumado cortado en bastóns
- 1 folla de loureiro pequena
- 1 rama de tomiño
- sal e pementa branca
- aceite de oliva suave
- ½ litro de caldo de carne
Para la gornición:
- 400 g de cenorias baby
- manteiga
- 35 g azucre moreno
Cortar a carne en cubos grandes, cubrila co viño tinto, as verduras picadas e as herbas. Deixar neste marinado 12 horas na neveira. Escorrer a carne do marinado e separar o viño das verduras. Secar a carne con axuda de papel absorbente e salpementala.
Dourar a carne a lume forte con aceite nunha pota grande e retirala. Na mesma pota, dourar as verduras do marinado xunto coas herbas e engadir o touciño entrefebrado. Devolver a carne á pota, engadir o viño do marinado e el caldo de carne. Tapar e estofar a lume lento durante 1 h 30 minutos aproximadamente, ata que a carne estea tenra. Deixar repousar un par de horas antes de servir.
Para a gornición:
Escaldar as cenorias dous minutos en agua fervendo e retirar a pel coas mans. Nunha tixola antiadherente, engadir as cenorias peladas e unha noz de manteiga e saltear un pouco. Engadir un chorro de auga e unha cullerada de azucre moreno, dar un fervor e seguir salteando ata que estean ternas e brillantes (4-5 minutos aprox.).
Presentación:
Servir os cubos de carne xunto coas cenorias glaseadas e a salsa do estufado.