Que necesito?
Proposta de Nacho Costoya para xuntar San Simón da Costa e Ribeiro, dous produtos con denominación de orixe de Galicia, que comparten séculos de amor e de esmero.
Cando falamos de San Simón da Costa, falamos de textura, sabor, afumado, olor a manteiga, a froitos secos... Cabe lembrar que a intensidade do aroma afumado está sobre todo no exterior, na codia do queixo e no interior predominan outro tipo de aromas más sutís derivados do leite de vaca do que procede.
Cando falamos de viño Ribeiro., falamos da DO máis antiga de Galicia. Neste caso optouse por un viño branco para maridar co queixo, parécenos unha combinación perfecta entre aroma, sabor e textura. Para potenciar as sensacións organolépticas desta maridaxe, resulta importante a temperatura de servizo do viño. As veces sérvese demasiado frío, con ese control da temperatura inténtase buscar ese punto cálido que xunto co queixo vai facer unha combinación intensa e favorable. Así, protéxese non só o propio sabor senón que tamén se potencia o afumado sen chegar a ser desagradable.