Elixiches esta experiencia...
Abella Meiga

ABELLA MEIGA mel de bosque 1Kg

ABELLA MEIGA
IXP Mel de Galicia

12,50€

O mel de bosque está elaborada principalmente con melato das landras dos carballos. É un mel non floral de alto contido en minerais e antioxidantes. Incorpora tamén néctar de breixo, cerdeira, silva, xesta e outras flores características de alta montaña. É de cor ambar escuro, ten un cheiro vexetal e un sabor marcado, con lixeiros toques amargos e salgados.

Abella Meiga somos unha pequena empresa familiar dedicada á apicultura ecolóxica de montaña dende hai máis de corenta anos. Traballamos coa abella negra galega en contornas naturais moi exclusivas a máis de 1.000 metros de altura na Serra dos Ancares lucenses, a maior reserva verde de Galicia. Intentamos ser o máis respectuosos posible coas abellas e coa súa produción tradicional, por iso dicimos que o noso é un mel con apelidos, todos acreditados polas correspondentes entidades certificadoras. Mel ecolóxico, de artesanía alimentaria e con indicación xeográfica protexida, un anaco da nosa privilexiada natureza.

Ponlles cara

Jara Varela

Atópanos

Enderezo

Fontela, 10 – Caboi
27374 Outeiro de Rei
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

699560054 / 61974468

Correo Electrónico
abellameiga@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?